fotos famosas ou con composición
ALMUERZO EN LA CIMA:
O centro de interese nesta foto é claramente a tranquilidade e calma coa que están os traballadores almorzando a tantos metros de altura. Todo o largo da foto son os obreiros que son o punto de interese. A foto xera tensión, esto atrae a atención do visionador.
The Falling Man
Esta foto é unha das máis famosas do atentado 11 de Septembro en New York, chamada "The Falling Man". É unha vítima das máis de douscentas que sufriron o atentado. A foto transmite claramente gran tensión. O importante da fotografía atópase no centro, aínda que o que fai incrible esta imaxe non son as súas características senon a situación histórica. A imaxe leva toda a atención a un punto, que é a vítima. A persoa dalle dirección á fotografía xa que está a caer.
Masacre de Kent State University
Esta última imaxe é a Masacre de Kent State University na que John Filo, estudante de fotografía nese momento, capturou o momento no que Mary Ann Vecchio choraba
arrodillada frente ao corpo sin vida de Jeffrey Miller. Toda a imaxe abarca a situación e atópase centrada, a imaxe xera tensión e barullo. Non ten moitas máis características, pero a situación e un feito histórico.
Comentarios
Publicar un comentario